Coral "Frol Nova"
Fundada no mes de maio de 1973 baixo a dirección de Don Juan benigno García Boente, a súa primeira actuación realizouna o 29 de xullo de 1974 nas Festas do Carme de Chapela, ademáis de realizar varios recitais polas vilas da provincia de Pontevedra.
Dende o ano 1993 pasa a formar parte do Círculo Cultural Recreativo de Chapela e dende a súa creación colabora activamente coa Federación Coral galega, a Federación Galega de Círculos e Casinos, asi como con organismos oficiais como a Excma. Deputación de Pontevedra e o Concello de Redondela.
Actualmente a súa directora e Rebeca Sestelo.
A Coral, e unha sección cultural de entre outras das que dispón o Círculo que ten por obxecto cultivar e practicar o canto polifónico-popular, estando sempre aberta a todas e cantas personas se sintan atraidas por esta arte.
Dispón dun amplo repertorio tanto sacro como profano.
Calquera persoa interesada en entrar a formar parte desta agrupación non ten máis que acudir os ensaios, que teñen lugar os luns e mercores ás 20 horas.
Últimas novas
Gran asistencia de socios á Festa da Sardiña
Éxito da Coral en Berán (Leiro - Ourense)