Grupo de Danzas "Froles Mareliñas"

FROLES MARELIÑAS, foi fundado como grupo de danza e música no ano 1958. Cando falamos desta agrupación e necesario falar dos acontecementos máis salientables da Galicia cultural da segunda metade do século XX no tocante a folclore tradicional galego.

O resultado do traballo e a labor levada a cabo por FROLES MARELIÑAS, e a de presentar en tódolos escenarios unha creación das formas tradicionais dos bailes de Galicia.

O seu primeiro director fundamentou as bases nas que ainda nos nosos días se basea esta formación, mantendo o nivel acadade e incluso superandoo día a día e profundizando nas raíces culturais e tradicionais galegas no que se refire a danzas, músicas, traxes e costumes.

FROLES MARELIÑAS, conta cun amplo vestiario das diferentes comarcas galegas como son traxes de faena das montañas, traxe de gala da zona de Lérez, traxe de As Mariñas, etc.

Ó longo da súa traxectoria, recorreron Europa, así como a Península Ibérica e Baleares, participando en festivais internacionais con agrupaci´nos de todo o mundo e actuando en distintos programas de Televisión de Galicia, Televisión Española, ademáis de televisións portuguesas e francesas.

Co gallo do 25 aniversario, cabe destacar un magnifico festival no que se chegaron a reunir case a totalidade de músicos e bailaríns que acompañaron a FROLES MARELIÑAS nese primeiro cuarto de siglo de andadura.

Dende fai anos, organiza a "Mostra de Floclore de Chapela", na que participaron grupos galegos, nacionais e extranxeiros.

No ano 2008, FROLES MARELIÑAS cumpriu medio século e para celebrar esas Bodas de Ouro, se organizaron distintos actos nos cales se reuniu gran parte dos membros das distintas xeracións do grupo poñendo o colofon a estes actos un gran e emotivo festival celebrado no Centro Cultural Caixanova de Vigo, no que se uniron moitos dos seus membros dende a súa fundación ata os nosos días actuando todos eles.

Ademáis ten unha escola de baile coa que se asegura o relevo xeracional no grupo. Os ensaios da escola teñen lugar os martes e os xoves ás 19:00 horas.

Calquera persoa que este interesada en tomar parte desta agrupación so ten que pasar polos seus ensaios os martes e os xoves ás 20:30 horas.

Últimas novas

Gran asistencia de socios á Festa da Sardiña
Éxito da Coral en Berán (Leiro - Ourense)