Acerca de nós

O Círculo Cultural Recreativo de Chapela fundouse en maio do ano 1967 baixo a presidencia de D. Manuel Puga Santiago nos locais do edificio coñecido como Edificio Arbones, situado no Barrio da Grila en Chapela. Ós poucos anos, co aumento os socios a sociedade viuse na obriga de trasladar a súa sede social ós actuais locales da Avenida de Vigo 218.

Estes locales contan con tres plantas, un soto, que se emprega coma auditorio e para o desenrolo de actividades coma baile, coral, etc; unha pranta baixa adicada ó servicio de cafetería e para sala de xogos de mesa e finalmente unha primeira pranta adicada á sala de billar, oficina, sala de ordenadores e biblioteca.

Na década dos 90 incorporaronse á sociedade dúas agrupacións que levaban anos desenrolando a súa actividade na parroquia de Chapela como son a coral "Frol Nova" e o grupo de danzas "Froles Mareliñas", pasando a depender do Círculo Cultural e ampliando desta forma a oferta cultural da sociedade de cara ós seus socios.

No ano 2003 a sociedade ampliou os seus servicios ós socios mediante a construcción diante do actual paseo marítimo de Chapela de 130 praza de atraque para embarcacións deportivas. Actualmente o Círculo desenrola diversas actividades culturais, recreativas e deportivas como son as escolas musicais, cursos de informática, escolas de musica tradicional e un importante equipo de billar de carambola.

Se queres desfrutar destas ventaxas so tes que achegarte á sociedade e solicitar o ingreso na mesma. ¡Ata logo!

Últimas novas

Gran asistencia de socios á Festa da Sardiña
Éxito da Coral en Berán (Leiro - Ourense)