EasyGallery

Novas

Noticias 1 a 5 de 34

Comparte esta noticia: Facebook Twitter

Xeral

Gran asistencia de socios á Festa da Sardiña

O pasado sábado 28 de agosto celebrouse na Pista Polideportiva da Baixada a Pescanova a tradicional Sardiñada do Círculo.
Este ano houbo unha grande asistencia por parte dos socios, que fixo que durante as tres horas que aproximadamente durou o evento as brasas non deixasen de traballar para asar as sardiñas que fixeron as delicias dos asistentes.


Comparte esta noticia: Facebook Twitter

Coral

Éxito da Coral en Berán (Leiro - Ourense)

O pasado sábado día 8 a Coral "Frol Nova" do Círculo desprazouse a localidade de Berán, situada no corazón da comarca ourensá do Ribeiro para facer unha actuación encadrada no marco da Romaría de San Roque que se celebra nesta localidade.
A actuación tivo lugar nunha ateigada Igrexa Parroquial.
A actuación constou dunha ducia de cancións, unha máis das inicialmente previstas, facendo un breve recorrido por todo tipo de xéneros, tanto sacro coma profano e rematando coa interpretación da Salve Marinera que arrincou a ovación do público presente e os aplausos para a Coral.
O concerto rematou cunha breve intervención do párroco de Berán que felicitou á Coral.
Para finalizar os compoñentes da Coral desprazaronse á Carballeira de San Roque onde puideron desfrutar dun pincho mentres se desenrolaba un concerto da Banda Unión Musical de Valadares (Vigo).


Comparte esta noticia: Facebook Twitter

Xeral

Os nosos grupos actuarán nas Festas do Carme de Chapela

Este venres da comezo en Chapela unha nova edición das tradicionais neste, noso pobo mariñeiro, das Festas do Carme.
Dentro do programa das Festas, actuarán os diferentes grupos do Círculo.
O sábado 31 ás 20 horas no recinto das Festas (no Paseo Marítimo) actuará o Grupo de Danzas "Froles Mareliñas" que actuará xunto co Grupo "Anaquiños".
O domingo a partires das 10 da mañan o Grupo de Gaitas "Os Topecañeiros" realizará un pasarrúas dende o Picoto ata o recinto das festas.
Por último a Coral "Frol Nova" cantará na misa solemne que se celebrará o domingo ó redor da 1 do mediodía no recinto das Festas.
Dende a Directiva desexarvos a todos unhas Felices Festas.


Comparte esta noticia: Facebook Twitter

El Círculo en Facebook

O Círculo, no seu afán por abrirse ás novas tecnoloxías ven de abrir una páxina na rede social Facebook, de forma que as persoas que o desexen poidan seguir as actividades da sociedade a través desta plataforma.
Para acceder basta con buscar "Circulo Cultural Recreativo de Chapela" na rede social ou facer clic aqui.


Comparte esta noticia: Facebook Twitter

Grupo de Baile 'Froles Mareliñas'

Os grupos folclóricos do Círculo en Vilarinho de Bairro (Aveiro-Portugal)

Os grupos folclóricos do Círculo se desprazan este próximo fin de semana á localidade portuguesa de Vilarinho de Bairro, onde participarán no Festival Folclórico que se celebra nesta localidade. Acudirá o grupo de baile, o grupo de gaitas e as pandereteiras e amosarán o seu bo facer ó público portugués.
Esta actuación está dentro dun intercambio co Rancho Folclórico da Casa do Pobo de Vilarinho, que nos visitará en próximas datas.


Últimas novas

Gran asistencia de socios á Festa da Sardiña
Éxito da Coral en Berán (Leiro - Ourense)