Grupo de Pandereteiras "Cacharelas"

Esta agrupación naceu no ano 1992 no seo do grupo de danzas "Froles Mareliñas". A idea xurdiu pola necesidade que tiña o grupo de baile de contar cun grupo de pandereteiras que os acompañara nas actuacións para amasar o potencial cultural dos nosos cantares e sobor de todo pola inquedanza dalgúns compoñentes de "Froles Mareliñas" por crear unha agrupación destas carácterísticas que ocupara o valeiro existente neses intres.

Ó principio da súa traxectoria interpretaban temas tradicionais que escoitaban a outros grupos, pero co transcurrir do tempo, fixeron un traballo de recollida de campo que enriquecen moito máis o coñecemento das nosas músicas e cantares.

Durante estes anos actuaron en numerosos festicais culturais na nosa rexión e fora dela; cabe destacar entre outras as seguintes:

Nas súas actuacións empregan intrumentos de percusión variados (pandeiretas, piñas, pandeiros, percusións (triángulos, cencerro...); o vestiario é de faena, do interior da provincia de Pontevedra e das montañas de Lugo, e no seu repertorio contan con toda variedade de cantares (ruadas, pandeiradas, rumbas, pasodobles, jotas, cantos de arrieiro, muiñeiras, romances...).

Últimas novas

Gran asistencia de socios á Festa da Sardiña
Éxito da Coral en Berán (Leiro - Ourense)