Noticias
Noticias 1 a 5 de 16
Ricardo González gaña o 48 Open Autonómico de Tres Bandas
O xogador do BC Pontevedra Ricardo González impúxose na final do Open Autonómico que rematou o sábado 29 na nosa sociedade e que contou coa participación de 53 xogadores de toda Galicia.
Ricardo venceu na final ó xogador do CCR Chapela Quique Rodríguez por un tanteo final de 38-30 en 50 entradas.
Nas semifinais Ricardo e Quique eliminarian a Jorge Montero e a Luis Manuel Fernández respectivamente.
XLVIII Open Autonómico de Billar a Tres Bandas
Entre os vindeiros días 14 e 29 de maio a nosa sociedade acollerá a celebración da quinta proba de ránquing desta tempada na que contaremos coa participación de xogadores que viran dende tódolos recunchos de Galicia para pelexar por alzarse no mais alto.
Despois de catro probas celebradas os xogadores da nosa sociedade chegan en destacadas posicións no ránking e tentarán evitar que o título salga de Chapela. Como principais bazas do Círculo teremos a Rogelio Fortes (nº 2 do ránquing), José Francisco Lozano (nº 5) e Samuel García (nº 6).
Os resultados poderán seguirse na web do círculo, en concreto na da sección de billar e como novidade se poderán seguir marcadores en directos dalgunhas partidas.
José F. Lozano gaña o Open Provincial de Tres Bandas
O xogador do Círculo José F. Lozano venceu e convenceu impoñendose no Open Provincial de Billar a Tres Bandas que rematou o pasado sábado 27 no Círculo e que contou coa participación de 24 xogadores.
Este torneo estivo dominado polos xogadores do C.C.R. Chapela, que coparon as primeiras posicións quedando 6 xogadores do Círculo nas 6 primeiras posicións.
Rogelio Fortes, campión do Open Autonómico de Tres Bandas
O xogador noso xogador Rogelio Fortes proclamouse campión da terceira proba puntuable para o ránquing galego do ano tras vencer na final ó xogador do Círculo de las Artes José Manuel Pérez por 32-24.
En semifinais Rogelio se enfrentou a Samuel García, nunha semifinal que aseguraba un representante do Círculo na final e na que Rogelio venceu por un claro 39-20.
A seguinte cita billarística será na nosa sociedade a finais deste mes coa celebración dun Open Provincial de Tres Bandas.
José F. Lozano gaña o Torneo de Nadal de Billar a Tres Bandas
José Francisco Lozano impuxose con claridade no Torneo de Nadal de Tres Bandas tras superar claramente en dúas espectaculares partidas en semifinais e final a Rogelio Fortes e a Juan Casal, rematando as 40 carambolas de distancia en 34 (1,176) e 31 (1,290) entradas respectivamente.
Para ver os resultados completos facer clic aqui
|
|

